Borneiro

7 Marzo 2008

Últimamente deixéi un pouco de lado a miña paixón, a arqueoloxía. Normalmente e raro o mes no que non vou dúas ou tres veces a visitar algún xacemento. O que pasa e que teño a compañeira en estado, non é que lle estea botando a culpa a ela, pero e que non me atrevo a abusar como abusaba. Ela ten moita pacencia, e últimamente un pouco de mala host……… de máis, pero está xustificado (vaime matar despóis desto). Bueno o caso e que nas derradeiras visitas, xa fai máis de tres meses fumos a ver as excavaciós de Borneiro, en cabana de Bergantiños, e unha visita rápida a Dombate. Tiña curiosidade pois lera na Voz que nas escavacións-limpeza deste ano atoparan o que parecía ser un monumento con forno (nome galego), o que lle chaman os portugueses, unha pedra formosa (chámanlle así porque nestes monumentos existía unha pedra de entrada na que se esculpían, na cara exterior, unha serie de grabados, tales como sogas, trisqueles, etc). Os millores exemplos podémolos atopar en Portugal, no castro de Briteiros, preto de Guimaraes ou en San Fins, que este último é o castro que aparece nos capítulos de Historia de Galiza os domingos na “telegaita”. O millor exemplo de Galiza e o de Santa María das Augas Santas perto de Allariz; cristianizado, montáronlle unha basílica inacabada enrriba, utilizando o monumento con forno como cripta, e, según dicen os estudosos, previamente romanizado. Ata fai ben pouco, e polas miñas fontes, críase que estos monumentos apareceran xa en época romana, como unha especie de imitación das caldarias latinas (termas romanas), pero polo descuberto recentemente no castro de Coaña en Asturies, son moito máis antigas do que se creía; resulta que Estrabón ou Plinio, ou non sei quen, mentía dicindo que os Galaicos eran unhes porcos, e que chegaran os romanos para civilizalos; igual nin eran tan porcos nin tan pouco cultivados, pero xa se sabe, onde pon a bota, ou neste caso a sandalia, un exército, todo o que hai é unha merda, e o que se trae, é o millor; síguese cumplindo 2.000 anos despóis todolos días na actualidade. Bueno volvendo o tema, o outro exemplo que se atopou en Galiza é o do Castro dos Prados en Espasante, lugar visitado por nos tamén en repetidas ocasións, polo menos 4 ou 5 veces. Ó de Borneiro, decepcionoume un pouco. Esperaba atopar algo un pouco máis definido, non unha pedra formosa como as portuguesas (as Galaico-Asturianas teñen outra tipoloxía menos monumental), pero sí algo máis claro. Non poño en dúbida as interpretaciós dos técnicos, e realmente se miras ben sí parece que se ve o arranque dunha falsa cúpula, das feitas por aproximación de fiadas de pedra (pensade en lousas unha enriba doutra lixeiramente sainte da anterior), pero volvo a decir que hai que ter coñecementos e imaxinación (lástima dos carteliños explicativos eiquí tamén). Non se aprecia nin o encaixe da suposta pedra formosa, da que parece que atoparon un cachiño. Bueno haberá que esperar as excavacións do 2.008, se as hai, e a ver se aparece algo máis.

Publicado na categoría Sen clasificar | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta