O meu bisabó Alfonso

27 Febreiro 2008

Tiven a sorte de coñecer o meu bisabó ata ben avanzada a miña vida. Morreu no 1.993 despóis de encamarse algo máis de un ano, pero ata a última época estivo perfectamente lúcido. Foi un home cunha vida interesantísima, un bohemio, que, a verdade e polo que me teñen contado, non foi nin o mellor pai, nin o mellor compañeiro para a súa muller, pero iso non lle quita interese a súa vida, e a verdade e que a min nunca me faltou nada del e foi unha das persoas máis desprendidas que coñecín. Naceu no 1.898, creo recordar que no mes de Santos, na aldea de Sésamo, en Culleredo. No seu apelido, como xa teño comentado no post anterior, críamos apreciar orixes franceses, pero resulta que é máis galego do que parecía (aínda está por aclarar); o seu apelido, era o seu alcume, chamábano Catrufo. Como a maioría dos galegos do seu tempo marchou para á emigración, pero a un destino non demasiado común, marchou ós U.S.A. co seu pai, meu tatarabó, que era cociñeiro nun barco. Estivo traballando nunha acería perto de New York, en Newark ou algo así, dábanselle ben os números e levaba as contas das coladas e dos ingredientes de cada unha. Facía viaxes de cando en cando a Galiza, retornou un par de veces, ata que co crack de 29 tornou definitivamente. Contaba co peito ben enchido que fora uns dos primeiros en ver New York dende o aire nun avión, supoño que turístico ou algo así, e que mercara un coche, e que o escarallara contra unha árbore, e que alí quedara. Moito me teño rido dos comentarios del, e de que a electricidade en USA ía por un solo cable. Alí viviu o que quixo, sen ter control de nada, contaba que ía ver os millores combates de boxeo (igual eran pelexas mal organizadas, ou igual eran os combates históricos de principio de siglo, non sei). Cando retornou traía a paga de unha semana, e con iso fixo unha casa en Présaras e comprou unhas terras (igual trouxo algo máis, pero a familia dicía que non); de todalas maneiras parece que de vez en cando mandaba algo. Á súa filla única, a miña abuela, trouxolle unhas moedas de plata de Dolar, coas que fixo unha pulseira, e que agora adornan de cando en vez a man da miña compañeira (foi un regalo da miña abuela).

Non lle tocou loitar no 36, pois según decía era vello de máis e tiña familia, cousa que non entendo porque tería 38 anos, pero bueno, millor. A posguerra e a maioría do resto da súa vida pasouna en Présaras, facendo algunha vez de concelleiro, pero non debeu de estar moito tempo nos cargos políticos, porque estaba ameazado polos falangistas (dicen que algunha vez lle perdía a boca).

Os últimos anos da súa vida, pasounos na Coruña, na casa dos meus abuelos e miña (eu vivín toda a vida cos meus abuelos maternos).

Foi un home que, cos seus defectos, que os tiña, doume moitos exemplos, especialmente de cordialidade cariño, ademáis de facerme de cando en vez os deberes de inglés. A súa rutina alimenticia de comerse diariamente máis de 2 Kg de laranxas demostrou que xunto, cunha vida sen demasiados apuros nin estrés, o pan do Ferrecho de Présaras, e a súa abstinencia absoluta do alcol, foron o seu elixir de longa vida.

Publicado na categoría Sen clasificar | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta