As Orixes
14 febreiro 2008É Curioso todo o que se pode aprender das orixes de un mesmo remexendo un pouco nos devanceiros a través dos apelidos. No meu caso teño constancia ata varios tatarabós, incluido unha foto dalgunha. Sei que por parte de nai o 25% do meu sangue é “pura castellana” da Terra de Campos máis concretamente de Villalón de Campos, e que no outro 25%, ata fai ben pouco, esta mesma tarde, pensaba que tiña un lonxano devanceiro francés que loitou na Batalla de Elviña e que desertara, o seu apelido era Catrufo; mais resulta que agora non está tan claro esta orixe, e pode ser que sexa moito máis galego do que parecía; está ainda por ver, a repetición dos apelidos franceses na aldea do meu bisabó e unha constante (Deschampes p.ex.) e a súa participación na Batalla de Elviña está históricamente documentada. Pola parte do meu pai son 100% galego, estou seguro de que no caso de poderse facer un estudio xenético dese 50% do meu ADN atoparíase cunha correlación case perfecta co de calquera castrexo habitante do castro da Amoexa ou de algún castro dos arredores. Na Galicia do interior a endogamia tratábase de evitar, pero co tan poucos movementos da poboación, non creo que houbera demasiada mezcla (espero que esto non se interprete como un alegato neofeixista de pureza racial, non o é en absoluto, nen tampouco como unha auto-afirmación de que son parvo do cú porque a meu ADN ten unha variedade pobrísima, tampouco é o caso).
Bueno resumindo que son unha mezcla de segador da terra de campos, gabacho resentido e galego semi-castrexo, e non creo que sexa o único, mais ben será unha tónica xeral para que despóis, fai xa algún tempo e noutros lares, nos viñeran contando milongas co RH-; sí o sí, máis ou menos coma o meu.
20 setembro 2008 ás 11:55 pm
Ostia, un bisneto de Catrufo, de contar historias, a tenda con miles de cousas (eu xa acordo pechada, pero ainda habia restos)entretenido, as veces con mala ostia (decian que lles disparaba cartuchos de sal os que lle iban roubar as mazas)
Saudos de un de Présaras
3 novembro 2008 ás 9:07 pm
Efectivamente, son o bisneto moreno de Catrufo, supoño que son facil de distinguir pois o outro e rubio.Xa que me tes identificado, gustariame saber quen es ti, se non queres deixar o teu nome ou referencia de casa de Presaras, dame algunha pista que eu poida identificar. Un saudo