A Cidadela
11 Febreiro 2008Onte fixen a miña “visita mensual” ó xacemento romano de A Cidadela, en Sobrado dos Monxes. O de visita mensual o poño entre comiñas porque, non sempre se cumple e as veces a frecuencia, para desgracia da miña compañeira, é maior.
Na Cidadela aparecen os restos dun campamento romano altoimperial, que foi ocupado despóis de ser abandoado polos lexionarios por unha poboación xermánica (polo que teño lído parece ser que sueva). Non é que se vexa moita cousa, para un que non saiba un pouco do tema, apenas verá un conxunto de muretes de apenas uns centímetros de altura; bótase de menos uns paneis explicativos, en lugar do monstro metálico e plástico que se fixo hai uns anos para cubrir parte das escavacións (que ainda non estaban feitas nesa zona). Calculo que con menos da décima parte dos cartos que se meteron na cuberta poderían facer máis de 50 carteliños explicativos; non sei cousas da política, igual ó final ten algún sentido todo ese gasto.
Bueno, o que íamos, é un sitio moi especial para min, parte da miña infancia pasou non moi lonxe de alí, nun puebliño bastate coñecido, chámase Présaras; que despóis de case 25 anos veraneando alí, coñezo a que é a miña muller na Coruña, e resulta que os seus orixes veñen da aldea veciña, Santarandel; manda carallo, xa é coincidencia.
Pois ven, nese campamento, pódese distinguir, a parte de unha serie de muros recéntemente descubertos que eu aínda non son quen de intrepretar; o cuartel xeral ou principa, ca súa ágora lixeiramente elevada e cuberta cun pavimento de area, e un recinto cuadrado que polo que teño entendido crese que é o valetudinarium (hospital). Rodeando todo aparece o muro defensivo cun foxo relativamente ben conservado ó oeste e partes da muralla que se poden ver nas diferentes catas que foron facendo @s arqueólog@s. Tendo en conta que somente hai outro campamento excavado na Galiza, o de Aquis Querquernis (en Bande), pero que queda moito máis a desmán desde a miña ben querida Brigancia (Coruña), animo a todos os que poidades a facer unha excursión ata a Cidadela igual vos engancha igual que a min.
Trataréi de colgar algunha foto mais adiante.