Ola Mundo!
22 xaneiro 2008Hola, esta é a primeira vez que teño un blogue, e gustaríame presentarme. Imos a decir que me chaman Brigantium, e que o principal culpable de que estea blogeando e o meu amigo Ghanito que co seu Apocalipse do Porco incitoume a bloguear. Por qué a casa do xastre? pois ben, ese é o nome da miña familia paterna, é o nome da casa dunha aldeíña moi pequena de Lugo, Amoexa que está no concello de Antas de Ulla. É unha aldeíña preciosa, ou eso me parece a mín, rodeada de soutos de castiñeiros, de chousas de carballos milenarios e de algunha que outra sobreira, gracias a Deus aínda non está colonizada polos temidos eucaliptos, pódese atopar algún pero o frío non os deixa medrar como na costa. Cando estea un pouco máis metido nesto trataréi de colgar algunha foto.
A casa do xastre era a taberna da aldea, de feito chamábana a cantina, e estaba atendida polos meus abuelos Concha e Antonio. Ata a década dos 70 seguiu funcionando, pero non puido cun dos traslados do pobo á cidade e terminou pechando cando os meus abuelos viñeron a vivir para a Coruña.
Tratarei de intercalar comentarios de etnografía relacionados ca miña esperiencia vital con outros da que é a miña paixón, a arqueoloxía, especialmente a galaico-romana. Xa veremos como vai o conto.