QUE VIVA ESPAÑA!!!!!
10 de febreiro de 2010Retomo a actividade no meu blogue para comentar unha nova derivada dunhas declaracións de certo modista que dice ser galego, non poño nome, non lle quero facer ainda por riba “publiacidade”, no que bendecía os beneficios dun sistema de despido libre.
O título ven o caso, de que, desgraciadamente non é unha postura illada e pouco común entre o empresariado español, mais ben o contrario, por eso o de xeneralizar que viva España, e non que viva Galicia, ou que viva a Pobra de Trives, de onde é oriundo o interfecto este.
Pois ben, o comentario deste empresario, insistía en que a única maneira de sair desta xa fonda crise (e ainda o que queda) era flexibilizando o mercado laboral impoñendo o despido libre (entre outras lindeces referidas á sociedade do benestar), para así recuperar a creación de emprego no país. Curioso cando menos, que se plantexe ista solución, e dicir botar a todo Cristo gratis “a la puta calle” para mellorar o sistema laboral do país, manda carallo!. Curioso tamén que certa parte da política española, calasen coma putas, despois deste comentario, cecais porque está lixeiramente próximo o seu plantexamento (vamos, que é calcadiño), na súa mais que evidente próxima subida ó poder.
Eu non digo que as indemnizacións non servan para que certa parte do proletariado (minoritaria, eso sí), se deixe levar e vivan ca idea de que, non me poden botar porque cústalles unha pasta, e se adique a encadear baixas e absentismos a medio xustificar, con baixas productividades e rascada de collóns (perdón polo de rascada). Vivín casos dese tipo, non vou entrar en si xustificados pola actitude do empresario ou non, pero, nalgúns casos parecéronme do máis inxustos por parte do traballador; vivín tamén situacións laborais nas miñas propias carnes (“fascismo empresarial”) que poderíanme levar a esas actitudes, e que simplemente decidín solucionar e renunciar os meus dereitos, collendo a porta e marchando.
Indo o miolo do tema, faime gracia a xustificación de esa posible medida, dicindo que é a tendencia anglosaxona, e que é a que está imperando no mundo. Parece que nos esquecemos que U.S.A. e U.K. están tamén en crise, e que precisamente nos U.S.A. a tendencia da súa política é mais ben a contraria (se lles deixan ir por ahí, finalmente, os lobies de merda que manda no cotarro). Curioso é tamén, que se obvie que a protección social para a xente desempregada é moitísimo maior neses países, polo menos no que a U.K se refire, con axudas ó aluguer que chegan practicamente a cubrir o importe semanal do mesmo, entre outras moitas cousas e que esa protección conséguese con maior presión fiscal, tamén ás empresas (ai carallo, pero eso sí que non lle interesa). Resulta que o xastre este (con todo ó respecto a esa profesión, véxase cales son os meus orixes e o nome deste blogue), pretende que certas políticas laborais de paises do sudeste asiático as que estará afeito cas súas subcontratas (e non me refiro o seu ben querido Xapón, se é que se lle pode considerar sudeste, imaxino que non), se trasladen a un país europeo, é dicir, plantexar condicións tercermundistas no suposto primeiro mundo. De feito outra das lindezas comentadas era que a sociedade de benestar non era sostible, vamos resumindo que vivimos demasiado ben; manda carallo, que eso o diga un F.D.P., que pasa media vida en viaxes de pracer, no Xapón, por exemplo; sí, o resto do tempo o pasa traballando, é certo, pero para él carallo!!. A ver si se entera este Mamón de Merda, de que si empeoran as condicións laborais, a xente deixa de consumir, e se adica a cubrir as súas necesidades básicas. Dame a impresión que nesas necesidades non está a de mercar un traxe ou un vestido do modisto este. CLARO COÑO!!!! xa o entendo, resulta que o comentario é somentes política de marketing!!!!, para aproximarse ainda mais o seu público obxetivo, xente con alto poder adquisitivo, con ideas pouco menos que reaccionarias, e vinculadas normalmente ó mundo empresarial, e non indixentes proletarios, que non se poden permitir mercar roupa nun dos “pendellos” desde personaxe. É dicir, profundizar na diferenciación de clases.
O que tamén obviou o modisto este, é que nun entorno empresarial responsable, no que as decisións laborais que toma un son consecuentes e se cavila antes de mandar un ”a la puta calle”, vamos que eses despidos son xustificados, podería plantexarse, non digo un despido libre, pero sí algo similar menos radical. Nembargantes, nunha república bananeira coma esta na que vivimos, na que unha máis que maioritaria parte do empresariado, son unhes auténticos piratas laborais, que por exemplo, entre outras cousas, fan firmar liquidacións en blanco ó persoal onde pon “recibín”, para evitarse ter que liquidalos (pasounos algo similar na miña casa, e cando recibiron a negativa por resposta, tentaron mercarnos ofrecéndonos pasta; PUAG que noxo!!!!), e cousas similares, e que non fan cousas peores porque teñen medo, imaxinemos unha situación na que, tocante ó despido, se lles diga: “Ancha es Castilla”. Vamos, como se o estivera vendo: “mira neno na nómina pon 1200 €, pero como son o teu xefe, tí cobras so 400 €, eso sí, firmando que cobras 1200 €, e non me toquelo carallo, porque teño moitos esperando para cubrir o teu posto, e se non che gusta, xa sabes…” ou “que tes a muller parindo?, non é o meu problema, ou fas as horas extras que non che pago, ou a -le pute rue-”. Sí señores sí, ese é o panorama empresarial español, no que o xefe dos empresarios, presidente da CEOE, deixa a un montón de xente cunha man diante e outra detrás, se adica a vender billetes de avión para dentro dun mes, cando sabe que vai a pechar pasado mañá, e ten os santos testículos de escudarse en que él é un mero accionista e que non ten responsabilidade na dirección das súas propias empresas, veña o veña, o que tiñas que estar é, en Nanclares de Oca, en Teixeiro ou en Monterroso, en prisión preventiva a espera de xuicio por “presunta” (volvemos co presunta, e non sei de qué) estafa. Si ese é o xefe, e da ese exemplo, coma serán a maioría que ten debaixo. Ollo non digo todos, coñezo empresarios que lle dan cen mil voltas a moitos currantes pseudo-sindicalistas que se escudan nas súas reivindicacións para ocultar a súa incompetencia e vagancia.
DIXEN!!!!!!!!!!!!!!!!
DE VOLTA Á INFANCIA
13 de novembro de 2009O día 7 de Outono pasado o meu fillo Pedro cumpliu o seu primeiro ano de vida. Dende que naceu, quitando as malas experiencias derivadas do funcionamento do Servizo Galego de Saúde, xa comentadas en anteriores ocasións, experimentamos na casa moitas sensacións a grande maioría positivas e tamén unha sensación de rexuvenecimento xunto con outra de avellentamento.
Explícome:
Avellentamento, xa que, ver que tes un fillo, date unha idea de que, en certa maneira, cumpliches o ciclo natural da renovación das xeracións, e daste de conta que xa non es a última xeración da túa linaxe, xa tes outra tras de tí.
Rexuvenecimento, xa que agora recuperas certas cousas coma os cumpleanos e esas tartas de bolacha mollada en Sanso, manteiga e chocolate que fai tan ben a miña tía abuela Amadora (e que de pequeno adornaban as mesas de todalas festas da familia) e ademáis podes aproveitar certas afeccións que tiñas esquecidas, por vergoña de que te chamaran infantil (xa o sei papá sigo sendo un infantil), botándolle a culpa ó neno:
Véxase conversación:
Eu: – Xa ves neno, pediume o excalestric, púxose pesado, e convenceume
Colega: – Pero se so ten un ano e non fala!
Eu: -Mira neno, coma dí o conto: El gato es mío y me lo _________ cuando quiero
(igual para quen non saiba o conto non lle entende a gracia, pero crédeme tena, non vos preocupedes, preguntade e volo conto).
Bueno pois unha das afeccións que tiña un pouco esquecida, pero sempre na mente, en certa maneira, era a de facer unha maqueta a escala (mais ou menos pequena) dun barco romano de carga, dos que levaban as anforas olearias cheas do idem (aceite), de garum (salsa feita de tripas de peixe fermentadas ó sol, soa moi mal, pero polo que contan debía de ser unha delicatese, puajjjjjjjj) e viño, entre outras cousas, das costas da Hispania ata a capital do imperio, Roma. Outra alternativa, tamén era a da maqueta dunha trireme romana, das que saian en Ben-Hur. Adjxunto a continuación unha foto dunha grega pero que pode ser suficientemente gráfica, vamos, unha chulada.
Pois, eso que estando en plena febre de neoinfantilismo, xa encargara un modelo de trireme industrial, fai unha semana, nunha páxina de Pamplona, para logo, unha vez montada a industrial tentar facer algo similar ó da foto. Ó problema aconteceu cando me dixeron dende a devandita páxina que o casa distribuidora non era especialmente seria, e que igual quedaba sen o xoguete (espero que os cartos mos devolvan en breve). Resulta que ó fabricante do xoguete é ruso, pódese pensar que entón está todo perdido, a diferencia idiomática e de distancia pode parecer insalvable (véxase entre outras cousas alfabeto cirílico en lugar de latino), pero claro, ahí está o caracter internacional dos galegos, e a sorte de ter familia esparexida por todo o mundo, un primo arxentino, que anda retornado por estos lares, é que frecuenta a nosa casa, está casado cunha rusa (agora xa é prima miña, non é interese, é que quede claro). Él fala perfectamente ruso, non se defende co cirílico no ordenador, pero á muller lóxicamente sí, así que igual por ahí podo solucionar algo.
Ainda así, acabo de mandar un correo electrógeno deses, ó museo dos barcos romanos de Pisa (Italia) www.cantierenavipisa.it , para que, se teñen a ben, me faciliten planos, ou imaxes, ou maquetas, do que quero facer (para elo valinme dunhas clases de italiano que tiven no anterior chollo, ves sempre se saca algo en limpo, por moi mal que se pase nalguns traballos, gracias especiales a miña professoressa Giulia). E xa chegando case ó onanismo e ó conto da leiteira, penso motorizalo ca axuda dun colega afeccionado ó aeromodelimo para que navegue coma os de antes, non cunha hélice oculta non, dándolle os remos, pffff esto sí que é unha macaca mental.
Mais adiante penso tentar facer unha maqueta do faro da miña cidade (eso pode ser algo máis fácil, teño unha chea de libros e planos do que suponse sería o seu aspecto no século II, máis ou menos), e unha da miña ben querida cidadela de Sobrado (sí xa sei papá, idade mental cinco anos, como moito).
Ahí queda iso!!!!!, o carallo vai a ser de onde saco eu o tempo, sendo pai primerizo e traballando 8,5 horas ó día, vaime levar anos, pero ó caso e ter unha ilusión (coma dicía o anuncio).
Manda Carallo!
4 de novembro de 2009Retomo a actividade do blogue con novas gañas de jomitar o escoitar a radio: resulta que os presuntos (non sei por qué) políticos currutos (que diría Paquiño Vázquez) non queren sair nos medios de comunicación esposados. Pero de que vamos home, en que país vivimos?. A ver, a un paisano que presuntamente (este igual con mais razón) rouba nun super un xamón para comer, é resulta que é ibérico 5 J´s (digo ibérico 5 J´s, para que pase dos 400 € e sexa considerado roubo e non furto), a ese que o saquen no telediario, pero un FILLO DE PUTA, supostamente administrando os bens comúns de todos, que en mala hora foi elixido polos cidadáns, nunha votaçao, e que se dedicou a recalificar terreos a cambio dé, ou diretamente meter a man na caixa do Concello, Ministerio ou Organismo Público correspondente, non a ese non, pobriño, ó outro do xamón sí, porque o perxudicado directo está máis claro, pero a este non oH!.
PUTA QUE O PARIU, xa chegamos ó límite da sinvergonzonería, presunción de inocencia, de qué fillo de puta, para tí sí pero para o do xamón non, veña o veña, o que había é que metervos nunha gaiola cun traxe a raias, como meteran ó de “Sendero Luminoso” no Perú hai unhes anos e sacarvos na TV como espécimen digno de ver nun zoo, para escarnio público, e darlles os nenos pedras para que volas guinden. Resulta que agora hai que respetar a vosa intimidade e presunción de inocencia, pero os cidadáns que se quedaron sen as axudas para a dependencia, por exemplo, porque os cartos gastáchedelos vos en PORCO, PUTAS E VIÑO, que lles dean polo cú non, ajjjjjjjjjjjjjjjjj (primeira jomitona). Estou totalmente en contra da pena de morte, de feito os paises que a manteñen considéroos terceiro mundo, ainda que non o sexan (U.S.A.), pero por veces dame impresión de que neste puto país de merda o único que funciona é a man dura (sempre e cando os que a administren non se corrompan tamén). A solución non a sei, pero creo que deixarvos cunha man diante e outra detrás, non estaría de máis, a parte de pasarvos unha longa temporada á sombra. Que roubaches X €, perfeto home, pois agora a picar pedra entrando de peón nunha obra pública ata que se recupere o roubado; pero claro, non hay cemento nin ladrillos de oito, que cheguen para recuperar o que roubáchedes e, a parte, quen é quen de saber realmente o importe, porque ós cartos en ”B”, diñeiro nejro, ou como carallo lle chamedes, non deixa rastro nin constancia. O catalán ese da música incluso meteu pa dentro os seus consogros, como dí un compañeiro meu de traballo; estades enfermos, facédevolo mirar, que é algo malo sejuro.
Tiña pensado que a “currución” (Paquiño me a-molas) era intrínseca na política, pero que aparecía ó cabo dos anos, ou polo menos nalgunha xente non ía de principio, pero agora resulta que non. Unhas siglas como as de Terra Galega, que poderían entenderse como alternativa non nacionalista, ou menos nacionalista na Galiza (ui con “z”, escapóuseme), resulta que están de merda ata o occipucio/jorxa (por tras e por diante). Para que logo digan, como lle dixeron na Arxentina a Enrique Pinti: “non nos metas a todos no mesmo saco”, e él respondía “como vos vou a meter no mesmo saco home, SE NON CABEDES, e a demáis QUE CHEIRO A MERDA!”.
Absolutamente descorazonador, polo que a min respecta, xa conseguíchedes que non volva outra vez a exercer o MEU dereito ó voto, non quero sentirme responsable de que os meus vellos, veciños, ou quen sexa, queden sen as axudas públicas porque algún fillo de puta coma vos gastounos na voda das súas fillas : 200.000 € cada unha, pero de que vades, ajjjjjjjjjjjjjjjjjjjjj (unaltra jomitona). Por unha vez e sen que serva de precedente collo con pinzas un comentario do ex-presidnete do estado estando totalmente de acorto con él (co comentario, claro) referente a que é moi perigoso que a xente entenda o sistema político que desfrutamos coma algo totalmente corrupto e malo, poderíamos voltar a sistemas do pasado nos que nin siquera habería o recurso á pataleta. E para os que me argumenten que neste sistema polo menos me dan o dereito a opinar respóndolles como responde Enrique Pinti: que me dades que fillos de puta, o dereito a opinar é meu, non mo dades vos.
En resume: que gobernen as putas que os seus fillos non saben!.
Que viva a democracia.
25 de setembro de 2009Retomo de novo o meu blogue para comentar unha nova de esta mesma mañá publicada en La Voz de Galicia: sic “Malestar en el BNG por el fichaje de Anxo Quintana por la Cope”. Eu non sei se é que me perdín algo, sufrín unha abdución e aparecín nun universo paralelo e invertido (non se ofendan non é homofobia, é ademais, como está últimamente de moda, eu tamén teño moitos amigos homosexuais; bueno vale excompañeiros de traballo, pero son boa xente). Agora resulta que o “ex-lider” de un grupo nacionalista de esquerda (case que ultra esquerda) entra de tertuliano na cadea do obispado, MANDA CARALLO!, que expresión galega mais bonita e tan oportuna!!.
A política dame noxo, pero noxo do incontrolable, do que fai jomitar, do que reventa o fíjado, non hai un que se salve, nin dereitas, nin esquerdas, nin nacionalismos, nin centralismos, son todos iguais (pode parecer un tópico, pero é a Puta Realidade); se non vales pa outra cousa, afíliate a un partido e métete a político, da igual por onde vaian os teus pensamentos, iso é o de menos, xa verás como che vai millor a vida. Temos exemplos clarísimos e ben recentes:
Na miña ben querida Brigancia, o ex-alcalde militante do partido “psoecialista”, cuns peinados extremadamente parecidos ós de un gobernante alemán da primeira metade do século XX (somente parecido, non estou insinuando nada) e tremendamente próximo ó pensamento dun ex-ministro do réxime fascista que padeceu este estado durante 40 anos, ó que se dirixía chamándoo Don Manuel… pffff
Por outra banda, o alcalde da capital do estado, descendente de republicanos represaliados, e que milita nun partido herdeiro das postulacións do antigo réxime fascista (e claro que no propio partido non está moi ben visto….. Espe, Espe que se che ve o plumeiro, ou Mayor Oreja, con Franco se vivía muy tranquilo, ou algo así).
Exemplos coma estes a “puñaus” , e canto máis pequeno o concello, máis totalitario o goberno; recordo certo Alcalde, alcumado non quero recordar como, do norte da Illa de Fuerteventura (onde me levou o meu ex-traballo) que levaba no cargo creo recordar que máis de 40 anos e a base de “arreglar” para seguir sendoo; creo que ó final supostamente pedíanlle moito e non puido ser, jajaja bendita democracia.
Pois eso, que o millor do pensamento español está na política, fai anos había literatos e xente que realmente tiña algo que aportar, polo menos a nivel de retórica (ainda que foi na dictadura aquela mítica discusión sobre o latín, e que servía para chamarlle ós habitantes de Cabra ”egabrenses” e non da forma evidente), que nin pa eso valen os políticos de agora, da pena escoitar o presi, fáltalle convicción e argumentos, dame a impresión que nin él se cree o que dí, e veña a improvisar e a queimar cartos, similar ó anterior, “España va bien” e invasión de Irak xustificada (prefiro non falar do Prestige, non me quero poñer a chorar), si home sí, que gráfica e aquela portada de “El Jueves” na que Obama, no despacho oval, chama a George dicindo que lle quedou algo esquecido, é vese a certo individuo debaixo da mesa ca boca deformada o estilo “Lucía Lapiedra”.
Da oposición, nin falar, non aportan absolutamente nada máis que crispación, utilizan o argumento próximo os totalitarismos “en ciernes” de: canto pior millor, xustifican a un impresentable, que se vendeu descaradamente dicindo que os regalos que lle fixeron pagounos él, quérennos tratar de “adiotas”, e os outros rasgan as vestiduras por uns traxes de merda, veña o veña, o día que se levante a manta… non vos salvades ningún. E despois dedicadesvos a botarvos merda uns a os outros con concelleiros transfugas e pactos antitransfugismo, cando uns e outros fixeron o mesmo en Benidorm, en Valencia, en Santa Comba ou en Gondomar, que máis da, dades noxo. E porqué tanto problema por desenterrar os represaliados da Guerra Civil, xa están mortos, non van a acusar os vosos ancestros, xa lles apodreceu a lingua e as cordas vocais, o único que queren os seus familiares en darlles un enterro digno, nada máis, iso non abre feridas, o contrario, as pecha, a vosa oposición o levantamento das fosas é o que abre feridas. Debe ser que agora vos entraron os remordimentos (supoñendo que quede algún político que teña conciencia, cousa que dubido moito) que non tiveron os vosos abos o pegarlle, unha vez morto, dous tiros no cu a Lorca por “maricón” (creo recordar que era esa a fantochada da que presumía un dos que o fusilou; terían que terlle dado unha medalla e dicirlle, noraboa neno, acabaste de cargar un dos literatos e pensadores máis importantes da Europa do século XX, pero non pasa nada, imos a cubrir esa falta co teu enorme raciocinio, e os argumentos dos teus corelixionarios: morte a intelixencia viva a guerra).
Con esas actitudes, incompetencias e corruptelas vades a conseguir desfacer o sistema de goberno menos (non vou facer o lapsus típico) malo. A democracia que tanto custou neste país, que tantas vidas levou por diante para conseguila, a piques dunha revolta social similar a da Arxentina de fai alguns anos cos cacerolazos e lemas de “que se vayan todos, que no quede ninguno”, non tedes vergonza. É moi gráfico un comentario dun compañeiro de traballo “yo no conozco a ningún político pobre” e é certo, repugnantemente certo.
E para rematar modificando unha despedida de dous cómicos españois: “da Igrexa, ( non do goberno, que xa lle tocou oxe), falarei mañá”.
Ó 36
22 de decembro de 2008Un dos temas que están dentro do meu interese, é o da guerra civil. Un dos meus abós tocoulle vivir esa época e loitar no bando que lle tocou, o nacional. As ideoloxías non creo que estiveran tan definidas nos bandos, ou polo menos no nacional, a xente tocáballe dese lado, e non lle quedaba outra, era eso ou a cuneta, e claro… de feito él recoñecía que o bando onde loitou era o rebelde, e o lexítimo era o da República. Eran varios irmáns, máis de 5, e tocoulles a todos ir a tirar tiros, ca sorte de que todos eles voltaron para contalo.
Non é que estea especialmente interesado en como foi, ou as estratexias que se levaron a cabo, senon as peripecias particulares da xente que combatía e en particular do que lle tocou a Pedro, o meu abó materno. Nos últimos meses da súa vida, aproximadamente en Setembro do 2.004 tiven a sorte de poder conversar largo e tendido sobre as situaciós que vivira. Creo que se daba conta que se lle estaba acabando o tempo e comentoume por qué non apuntaba esas peripecias, así o fixen, e incluso tentei poñerme en contacto cos distintos arquivos da guerra por se tiñan algún tipo de información a cerca do seu batallón, etc; a verdade é que a resposta foi do máis desesperanzador, ou ben me deron a negativa por resposta, ou me puxeron un montón de condicións para facilitarme calquer tipo de información. Coincidiu esa situación co seu pasamento en Outubro do 2.004, e perdín as gañas e a forza de seguir investigando. Agora que se me presenta unha nova etapa na miña vida, recuperei os folgos e o interese, e trataréi de recuperar esa parte da memoria da familia.
A continuación poño unha das historias que me contou, referida o frente de Madrid, na Granxa de San Ildefonso, que foi xunto ca Cidade Universitaria, e algún outro sito de Castela A Mancha, onde lle tocou loitar. Evitarei poñer os nomes das persoas, por respeto a eles (non sei se viven ou non), e os seus familiares.
Parece ser que nun día, polo que teño entendido de inverno, facendo unha marcha de cara a “El Ventarrón”, o grupo no que estaba o meu abuelo Pedro, nun cambio de rasante topouse cun grupo do bando Republicano. A ensalada de tiros foi brutal e caeron moitos por ambas partes, pero máis do bando Republicano, de feito en principio pensaran que non quedara ningún, e no momento de revisar os caidos, atoparon unha manta, que ó retirala, debaixo tiña un Coronell Republicano(non estou seguro, pero era un alto mando). Empuñaba unha metralleta, e o ver que eran moitos os que lle apuntaban rendiuse. Cacheárono, e descubriron que era un alto cargo da UGT, ou dalgún partido de esquerdas, non recordo. Mandárono a onde estaba o destacamento xeral para “xudgalo” (póñoo entre comiñas, porque polo que me comentou meu abuelo, debeu ser un paripé, para xustificar o seu fusilamento posterior).
O rifirafe, tivera tanta sona, que como premio polo esforzo dos combatentes nacionais, deixáronos entrar no Palacio de La Granja de San Ildefonso, e puxeron a funcionar todalas fontes para deleite dos combatentes.
Tempo despois mandaron de volta ó detido ó mesmo sitio onde fora capturado, ca orden de fusilamento. Tocoulle o mesmo batallón que o detivo, ó do meu abuelo, e pediron voluntarios para o pelotón. Ofrecéronse ún par deles, entre os que había un galego de Friol, que fora o que o atopara, e que se ofreceu berrando, Atopeino eu!, e colleron a dous ou tres obligados. Pedro, por sorte, librou. Cando o ían a fusilar, o de Friol fixouse no abrigo de pel que levaba o republicano, e lle dixo que era unha pena que unha prenda tan boa se estropeara no fusilamento, e que a él xa non lle ía facer falta. Nese momento o xefe do destacamento nacional, e parte da tropa, entre eles o meu familiar, recriminaron ó de Friol, chamándoo ANIMAL!!!!!!, e é que en tempos de guerra, a mezquindade de certos personaxes sae a relucir con toda a súa crudeza. O fusilamento levouse a cabo, e o xefe da compañía, pasou 15 días apenas sen probar bocado e soltar nin unha verba.
O meu abuelo contoume que tamén pasou bastante tempo sen poder durmir pola situación vivida, non o dicía, pero entendo que debía ser bastante fácil pensar que podía ser tranquilamente él o que estivera no paredón.
Outra peripecia que me contou, pasoulle unha noite non sei exactamente en que pobo. Nombrárano Cabo, para que houbera un mando no seu grupo, pois os que había inicialmente morreran ou os destinaran a outra compañía. Decidiu meterse nunha especie de palleira para durmir todo o grupo, e cando xa estaban dentro, apareceu outro grupo do bando nacional que quería desaloxalos, meu abuelo como mando, dixo que nin de coña, que eles chegaran antes e que de alí non se movían, unha noite o raso, non creo que fora nada bonito. O caso é, que o mando da outra compañía púxose farruco, e acabaron a trompadas. Me abuelo pegoulle unha ostia no queixo é rompeullo, pero co golpe rompeu tamén él o matapiollos da man dereita. Mala decisión, porque case lles costa o fusilamento os dous, o meu abuelo e o do queixo partido. O final non sei como arreglaron, pero os que durmiron foron o grupo de Pedro.
Para durmir máis ou menos cómodos, tiráronse no chan, e uns inconscientes decidiron utilizar de almofada uns sacos cheos de bombas de man (creo que lles chamaba Laffitte, eran italianas). Para non estar totalmente a escuras puxeron como candil, uns cirios pegados na parede cun pouco de cera, e claro, o irse consumindo a cera os cirios caeron, e como postula a ley de Murphy, caeron xusto pegados as bombas de man. Non momento en que se quentaron, os percutores saltaron, e POMMMMMMMMMM!!!!!!!!!!!, ala vai media compañía o carallo, entre eles os que estaban durmindo enrriba das bombas de man (deixaron, como dicía o mue abuelo, as ideas pegadas no teito), e a outra media chea de metralla, entre eles o brazo dereito do meu abuelo Pedro. Non debeu de ser moito o seu, pois non lle daba importancia, o que sí, foi a sordeira que arrastrou o resto da súa vida. Supoño que de ter reclamado no seu momento lle darían unha pensión por mutilado de guerra, pero non se fixo no seu momento. O do brazo curou, pero o do dedo da man uniu mal, e tivo que operarse un tempo despoís o besta, sen anestesia, nunha mesa, amarrado por tres paisanos, e un médico (veterinario, decía él con sorna) que o colocarlle o dedo correctamente, provocoulle tal dor que fixo saltar a fibela do cinto de Pedro ata o teito, antes de esvaecerse. Subindo a un tren o día seguinte da explosión, un mando lles preguntou a él e ó do queixo, que que lles pasara. Os dous puxeron a desculpa de que caeran, de feito, ese mesmo mando, non sei se ese mesmo día ou outro, mandara fusilar a un soldado que se autolesionara, para escapar dos combates (cachouno, porque ainde lle fumeaba o cañón do Mauser).
Así debeu ser a guerra, ou polo menos así a recordaba o mue abueliño Pedro. Teño moitísimas peripecias máis, pero xa as irei contando noutros post.
“O PROTOCOLO”
17 de decembro de 2008Pódese considerar este apunte coma unha segunda parte do anterior “ME-CAGO-NO-SERGAS”. Resulta que o tildei así, pois esta é a operativa que últimamente está de moda en todos lados (FASHION, FASHION!!!!!!!). O protocolo, protocolo para todo, para tratar a un enfermo, para apagar un lume, para…. dentro de pouco ata para CAGAR!!!!!!!!! (con perdón, ou sin él, dame o mesmo).
Recuperando onde nos quedaramos no post anterior (ref: me-cago-no-sergas), como comentei, despóis de máis de 5 horas de traballo de parto, Pedriño chegou o mundo. Mandáronnos os tres a habitación, á compañeira, o neno e eu detrás. Todo parecía correcto, o bebé fixo caca enseguida, o pai trabucouse o cambiarlle o primeiro cueiro (púxenllo do revés), etc, etc, etc… O único extrano, que o neno non quería comer, e que estaba un pouco frío. Durante o día abrigámolo ben e a muller porfiou en darlle o peito ata a saciedade, pero o neno non comía. Resulta que a primeira noite non a pasei eu na habitación, quixo quedarse a irmá da compañeira, que é médico, e eu durmín (non moito) na casa. Antes de marchar do hospital, levaran o neno á cuna para facerlle unha revisión de non sei qué, pero o neno non volvía. Por SMS a compañeira me avisou de que o neno volvera sobre as 00:00 para tranquilizarme e que puidera durmir, pero non era certo, o neno non voltou ata pasadas as 5:00 A.M. e por reclamación da compañeira.
Pero o máis dificil de todo estaba por chegar. Na mañá do día seguinte o neno seguía sen querer comer, e pouco antes da comida, chegou unha pediatra á habitación, preguntando por nolos dous. Nos comentou que ían a baixar a Pedriño á U.C.I. de neonatos, pois se temían que tivese algún problema como: MENINXITE!!!!!!!!!, ou unha SEPSE!!!!!!!!!!!!!! (infección xeralizada), provocada por ter “tragado parto”, creo que lle dín así, cando a cagan estrepitosamente ó terse complicado o parto como se complicou, véxase o post anterior (ME-CAGO-NO-SERGAS), “pooooooooota” que os fixo!!!!!!!!!!!!!!. Derrumbámonos, eu aguantei o tipo como puiden, pero a compañeira, xa non podía máis, demasiada merda tragada, demasiada ineptitude xunta, demasiada impotencia……, gracias que neste país o tema das armas está controlado, que se non……. Tratei de facerme o forte e apoiar a compañeira, nestes casos polo que tiña entendido, e polo que me confirmaron os médicos próximos a familia despóis, é moi fácil caer nunha depresión post-parto, e eu creo que algo deso houbo, pero bueno, creo que xa conseguimos sair dela, polo menos do máis profundo. Avisei a todalas amizades, e familia que non viñeran ó hospital, que estaba a cousa complicada, e que a compañeira non estaba para visitas; entendérono: GRACIÑAS A TODOS. Empezamos a mover todolos contactos que tiñamos no hospital, a tía de Paula, o amigo der Xurxo, a xinecóloga nai de unha aluna da aboa paterna, etc, etc, etc… vamos, que a pouco máis desatenden o resto dos pacientes, GRACIAS TAMÉN A ELES. Empezan as versións contradictorias: Pedriño non está na U.C.I. de neonatos, está en neonatos, polo que soubemos despóis, cambia o conto de carallo (nuns hai risco vital e noutros non, ou menos). A baixada faise con carácter preventivo, outros dín que non, uns dín que o neno está perfectamente e que non ten nada, outros que ten unha sepse, parece que se descarta a meninxite, pero ainda así seguen co protocolo e as cadeladas que implica o paciente, neste caso o meu neno. E as devanditas cadeladas, incluen as seguintes: sondaxe nasal e vaciado do estómago (fluidos tragados durante o parto, xa saben vostedes por qué), PUNCIÓN LUMBAR!!!!!!!!!!! (so de pensalo maréome), PUNCIÓN VESICAL!!!!!!!!!!! (para os profanos da saude coma min, a punción vesical se trata dunha extracción de ouriños sen contaminar, soa ben, ata que te explican que é PINCHANDO NO ABDOME E EXTRAENDO DESDE ESE PINCHAZO OS OURIÑOS, polo tanto atravésase o abdome, e a vexiga, sen comentarios), extracción de sangue (a máis suave de todas), e a colocación de unha vía para á administración de antibiótico (vía que se cambiou coma 7 veces de sitio, durante os 10 días que estivo internado Pedriño, pasando polas manciñas, os pes e as dúas senes, non sei se se dí así, co correspondente rapado parcial da cabeza). Dende logo Pedriño, se fora cousa da aleatoriedade, a tí xa te tocaron todas xuntas, e non tes que preocuparte da túa saude nunha boa tempada.
Feitas todas as probas, a esperar os resultados, e mentres tanto, a criatura empeza a tolerar os alimentos e nos a darlle biberón cada catro horas, e a compañeira profiando ca latancia materna, sen que o neno puxera moito da súa parte, (costoulle despóis non poucos disgustos a nai, que na casa collera o peito, pero o final conseguiuno, AHÍ ESTÁ CAMPIONA!!!!!!!!!!!!) en total dez días de aquí para aló, xa que a compañeira lle deran ó alta o terceiro día.
Empezan a chegar os resultados, cultivo dos ouriños: negativo, vaia a infeción non está nin na vexiga nin nos riles; cultivo do líquido cefalorraquídeo: negativo, vaia non é meninxite; cultivo do sangue: negativo, OSTIA!!!!!!!!!!!!!!, pero non era unha SEPSE????????????!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!, ata onde eu entendo, sepse é unha infeción xeralizada, e se non hai infección nin na sangue, nin nos ouriños, nin no cefalorraquídeo, ONDE CARALLO ESTAAAAAAAAAAAAAAAAAÁ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Pois ben, resulta que non estaba, resulta que todo era PROTOCOLO, que no momento que un neno “traga parto” (véxase: a caga o SERGAS), fanlle tódalas putadas imaxinables, para evitar que a cousa non vaia a máis, incluso pasándose 12 pobos no razonable (noutras profesións, por seguridade sobredimensiónanse as estructuras unha barbaridade, para que os edificios non se caian; pero CONA!!!! neste caso estamos traballando con PERSOAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!, a ver se vos enterades dunha puta vez).
O que máis me fode de todo isto, é que ainda encima, tes que dalas gracias porque o neno a pode contar, MANDA CARALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!. QUE VIVA O PROTOCOLO!!!!!!!!!!!!!!!!.
ME CAGO NO SERGAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
1 de decembro de 2008Facía bastante tempo que non escribía nada no blogue. De feito comecei con él con moita forza (ou eso me parece a min), pero os folgos fóronseme de súpeto. Tivo que ver algo que a compañeira quedara en estado, e que a cabeza pasou a reordear as miñas prioridades, pero aínda así, a verdade e que podía atopar un pouco de tempo, e non puiden ou non quixen atopalo. Bueno, despois de esta sarta de disculpas baratas empezamos co tema.
ME CAGO NO SERGAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!, pode parecer un pouco forte o título (unha canción dos Mojinos é algo así, solo que cambiando ó SERGAS polo crego), pero fíxeno así para saber se algún irresponsable (oficialmente son responsables) do Complexo Universitario da Curuña (sí, sí Curuña, nin “La” nin “A”, nin caralladas varias, que viva o farruquismo, ainda que sexa un pouco descafeinado, pero o castrapo seguímolo usando como idioma oficial do Concello), antes bautizado Guan Canalego (Juan Canalejo, non é un erro, sigo co castrapo), coincide e lé este comentario.
Resulta que, como acabo de comentar, a miña muller quedou en estado en Xaneiro deste 2.008, e levou unha grevidade moi tranquila case que ate ó final (creo que se dí así, e se non é así, permítanme que aclare que é a súa preñez). Estivo controladísima tanto polo servicio público de saúde (ME-CAGO-NO-SERGAS), como por unha clínica privada que estaba dentro do noso seguro particular. Decidimos ir a sanidade pública por consellos da xente que tiña falado bastante mal das maternidades privadas da Curuña, creo que con bastante bo criterio.
Ata ahí todo ben, o problema chegou o día do parto: tin tin tin tin tin tin (música da peli: tabeirón!!!!!!!!!!!!). O día 7 de Outono as 3:30 da madrugada, (máis ou menos a mesma hora na que 4 anos antes acontecía o pasamento do meu abuelo do que toma o nome o meu fillo, nome que estaba decidido antes de encargalo, xa é coincidencia carallo, eu non creo nas meigas, pero CARALLO, HABELAS HAINAS), a miña compañeira me sacude na cama e me dí: neno rompín augas!. Ostia!! pasoume o sono de golpe. Erguinme sin demasiados nervos, vestinme, preparámonos para ir ó hospital, tiñamos xa todo listo así que nos levou pouco tempo. Chamamos a un taxi (non me quixen complicar con aparcamentos do meu carro) e tiramos de cara o hospital Materno Infantil da Curuña. Chegaríamos sobre a 4:15 A.M., é milagrosamente nos atenderon con bastante celeridade. Subíronnos á pranta de partos e nos deron unha habitación, creo que era a Nº13 da planta (eu nunca fun supersticioso, pero me cajo na!, empezo a cambiar de opinión). A todo isto a compañeira aínda non escomezara cas contraccións, polo que estabamos tranquilísimos.
Empezan os protocolos médicos, extracción de sangue (máis ou menos sobre as 4:45 A.M.-5:00 A.M.) monitorizacións, etc…. Foi tumbarse na cama a mal pocada, e Pedriño empezou a puxar para saír. Para ser nai primípara, todo demasiado rápido e intenso, falo co persoal de pranta e me din que teña pacencia, que vai pa largo… . Media hora despóis e vendo que as contraccións son cada vez máis fortes e prolongadas, volvo a chamar a enfermeira ou matrona ou auxiliar, ou eu que carallo sei quen era. Entra, e efectivamente me confirma que a dilatación e de case 5 cm., e que a cousa non vai para tan largo, que vai máis rápido do que parecía, nese mesmo momento reclamo a epidural; fixeramos todas as probas para que o anestesista de turno non tivera a desculpa de: é que non firmou a autorización, e ajora non ten a mente obxectivamente lúcida para asumir os riscos que conleva unha anestesia epidural, (CAJONACONA VAI TOMAR POLO CÚ MAMÓN DE MERDA, parafraseo a certo entrenador galego de furgol fai algúns anos; que viva o protocolo e a nai que os pariu a todos). A resposta da paisana de turno: “es que aún no han llegado los resultados de coagulación” (con voz de pito). O tempo pasa, as contraccións siguen increscendo, a compañeira cada vez o pasa pior, dalle a jomitona, volvo a sair en repetidas ocasións, cada media hora, a resposta e sempre a mesma: “es que aun no han llegado los resultados de coagulación”. A medida que pasa o tempo a desculpa danma ca cabeza cada vez mais baixa e sen mirarme á cara, uy uy uy, escápanme, empézame a cheirar mal. A miña reacción: empézome a poñer nervioso, non son unha persona violenta, de feito á detesto, pero reconozo que teño moi mala ostia en situacións que non controlo, e nas que non vexo unha saída mais ou menos factible. Empezo a remexer por alí, digo que quero ver o anestesista, (penso que igual non o hai), está na planta pero me volve a contar o mesmo, sen coagulación non hay epidural, (empézame a rondar na cabeza a posibilidade de unha cesárea, e o anestesista que non quere poñer a anestesia…………. buffffffffff). CAJONACONA BIS, os nervos están chegando a límites que xa case non recordaba (a última vez fora co meu ex-xefe, e estiven a piques de mandalo ó dentista, volvo a repetir que non son unha persona violenta, de feito nunca lle batín a ninguén, absolutamente nunca, por moitos méritos que fixera algún, incluso comín algunha ostia ser dar resposta). Sigo remexendo, explicanme que a analítica mándana ó Guan Canalego, SEÑORES NO HOSPITAL MATERNO INFANTIL DE A CORUÑA NON FAN ANALÍTICAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!, INCOMPRENSIBLE!!!!!!!!!!!!!!, e que aínda non está no ordenador, ou non sei onde carallo me dixeron. Dígolles que vou eu o Guan Canalego, e baixo a analítica, ó tecnico de laboratorio, ou o laboratorio enteiro se fai falla. Dinme que non hai que facer, que o denuncie, que xa non é a primeira vez, e que están fartos “de comerse ellos los marrones” (textual). Pasan as horas, a compañeira cada vez o pasa pior, os seus berros chamando por mín aínda os teño grabados no hipotálamo (e xa van dous meses), non me deixan entrar na habitación, estou completamente desesperado. A matrona dille a miña muller: “mentalízate, vas a parir sin epidural”, a compañeira derrúmbase, o meu corazón está a piques de facer plof. Son as dez da mañá xa está dilatada de 10 cm. pasa o paritorio, pasamos por diante do mostrador e nos dín que chegaron os resultados, pero que non poden poñerlle a epidural porque xa non lle fai efecto, QUE OS METAN NO CÚ!!!!!!!!!!!!!!!!FILLOS DE PUTA!!!!!!!!!!!!!!! (síntoo, é violencia verbal, pero creo que desta o merecen), e demasiado tarde terá que parir a pelo, como se facía antes, como pariu a miña nai, e que case queda no sitio, cun soplo no corazón que leva arrastrando os trinta e trés anos que levo no mundo (resulta que non evolucionamos nada dende o 1.975). Dinme que me poña un gorriño, unha bata, e unhas calzas, e que espere, CAJONACONA TRIS, VAITOMARPOLOCÚ BIS. Tardan dez minutos, parecéronme 2 horas, fanme pasar, vexo a compañeira na cama de parir, ten millor cara, parece que ó empurrar cálmalle a dor, e en tres puxos, Pedriño está xa no mundo, empezamos a chorar os tres abondosamente, nolos dous pola emoción e Pedriño, supoño que pola dor, polo frío e polo susto. Rematou mándannos para a habitación, a cousa complicouse despóis, pero iso e cousa doutro post adicado o “PROTOCOLO”.
Pódese pensar que isto é un simple relato dun parto, nun ton ácedo de cara ó SERGAS, pero non señores, non quero que quede ahí, isto é unha DENUNCIA, estou farto de poñer follas de reclamacións e que non fagan nin PUTO CASO (lamentamos el cúmulo de malentendidos-casualidades, trabajaremos para que el hecho no se repita, estamos a su entera disposición para lo que necesite: IDE A TOMAR POLO CÚ!!!!!!!!!), e desta non á vou a poñer, desta a folla de reclamacións publícase na rede a través do meu blogue, para que calqueira poida ver como funciona o Sevicio Galego de Saude (SERGAS), e que non quede no despacho dun chupatintas da administración, non vaia ser que se lles reclame xudicialmente algo. Resulta que investigando un pouco pola miña conta parece que hai dúas versións, polo menos, do problema no laboratorio:
1) Pode ser que non haia médicos para firmar as analíticas, porque están durmindo (eso conta radio macuto), e os auxiliares, e demáis persoal, néganse a firmalos, están fartos de asumir reponsabilidades que non lles corresponden. Sí señores, sí, así vai o país, o famoso problema da función pública, un aproba a oposición e xa cumpliu, o que faga despóis é o de menos, total non me poden botar, MANDA CARALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.Caso de ser este o caso: Xuramento hipocrático materializado e efectivo XA!!!!!!!!!, por favor vocación!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! se non a tes non te adiques a sanidade polos cartos que vas a gañar, e se estás canso e aburrido, pide unha escedencia, e adícate a túa consulta privada, que seguro que a tes.
2) O irresponsable (oficialmente responsable) do laboratorio, ou do complexo hospitalario Guan Canalego, segúramente profesional de reputada profesionalidade, pero vaia home, nomeado a dedo polo menos este último, cachissssssss, cargo político, “con la iglesia hemos topado”, pasa de poñer persoal de urxencia para os días festivos, 7 de Outubro festivo na Curuña por ser O Rosario, e hai un paisano no laboratorio que non da a basto, e bastante fai con non confundir ás mostras de feces cas de sangue, e ouriños, etc… .
3) Xa me cansei, se alguém le isto, que propoña outa alternativa en comentarios, prometo publicalo.
Por todo elo solicito, públicamente (pódeseme tildar de presuntuoso polo de públicamente, igual isto non o lé niguén, pero nunca se sabe, e cuestión de correr a bola), que xa que na función pública non hai despidos….., no ámbito privado unha cagada destas soluciónase ca macheta, xa que é así, por SALUBRIDADE PÚBLICA, o responsable do laboratorio, o responsable do Guan Canalego, ou quen carallo fora ó que estivera durmindo o día 7 de Outono do 2.008 as 5:00 A.M. cando tiña que estar firmando o análise da miña compañeira DIMITA, por INCOMPETENCIA MANIFESTA, ísa é a única forma de solucionar os problemas da administración, xa que non se lles pode botar, que dimitan, por propia mala conciencia.
Agora sí que se me pode tildar de presuntuoso, non se lle pode asignar remordimentos de conciencia a alguén que directamente CARECE DE ELA.
Borneiro
7 de marzo de 2008Últimamente deixéi un pouco de lado a miña paixón, a arqueoloxía. Normalmente e raro o mes no que non vou dúas ou tres veces a visitar algún xacemento. O que pasa e que teño a compañeira en estado, non é que lle estea botando a culpa a ela, pero e que non me atrevo a abusar como abusaba. Ela ten moita pacencia, e últimamente un pouco de mala host……… de máis, pero está xustificado (vaime matar despóis desto). Bueno o caso e que nas derradeiras visitas, xa fai máis de tres meses fumos a ver as excavaciós de Borneiro, en cabana de Bergantiños, e unha visita rápida a Dombate. Tiña curiosidade pois lera na Voz que nas escavacións-limpeza deste ano atoparan o que parecía ser un monumento con forno (nome galego), o que lle chaman os portugueses, unha pedra formosa (chámanlle así porque nestes monumentos existía unha pedra de entrada na que se esculpían, na cara exterior, unha serie de grabados, tales como sogas, trisqueles, etc). Os millores exemplos podémolos atopar en Portugal, no castro de Briteiros, preto de Guimaraes ou en San Fins, que este último é o castro que aparece nos capítulos de Historia de Galiza os domingos na “telegaita”. O millor exemplo de Galiza e o de Santa María das Augas Santas perto de Allariz; cristianizado, montáronlle unha basílica inacabada enrriba, utilizando o monumento con forno como cripta, e, según dicen os estudosos, previamente romanizado. Ata fai ben pouco, e polas miñas fontes, críase que estos monumentos apareceran xa en época romana, como unha especie de imitación das caldarias latinas (termas romanas), pero polo descuberto recentemente no castro de Coaña en Asturies, son moito máis antigas do que se creía; resulta que Estrabón ou Plinio, ou non sei quen, mentía dicindo que os Galaicos eran unhes porcos, e que chegaran os romanos para civilizalos; igual nin eran tan porcos nin tan pouco cultivados, pero xa se sabe, onde pon a bota, ou neste caso a sandalia, un exército, todo o que hai é unha merda, e o que se trae, é o millor; síguese cumplindo 2.000 anos despóis todolos días na actualidade. Bueno volvendo o tema, o outro exemplo que se atopou en Galiza é o do Castro dos Prados en Espasante, lugar visitado por nos tamén en repetidas ocasións, polo menos 4 ou 5 veces. Ó de Borneiro, decepcionoume un pouco. Esperaba atopar algo un pouco máis definido, non unha pedra formosa como as portuguesas (as Galaico-Asturianas teñen outra tipoloxía menos monumental), pero sí algo máis claro. Non poño en dúbida as interpretaciós dos técnicos, e realmente se miras ben sí parece que se ve o arranque dunha falsa cúpula, das feitas por aproximación de fiadas de pedra (pensade en lousas unha enriba doutra lixeiramente sainte da anterior), pero volvo a decir que hai que ter coñecementos e imaxinación (lástima dos carteliños explicativos eiquí tamén). Non se aprecia nin o encaixe da suposta pedra formosa, da que parece que atoparon un cachiño. Bueno haberá que esperar as excavacións do 2.008, se as hai, e a ver se aparece algo máis.
O meu bisabó Alfonso
27 de febreiro de 2008Tiven a sorte de coñecer o meu bisabó ata ben avanzada a miña vida. Morreu no 1.993 despóis de encamarse algo máis de un ano, pero ata a última época estivo perfectamente lúcido. Foi un home cunha vida interesantísima, un bohemio, que, a verdade e polo que me teñen contado, non foi nin o mellor pai, nin o mellor compañeiro para a súa muller, pero iso non lle quita interese a súa vida, e a verdade e que a min nunca me faltou nada del e foi unha das persoas máis desprendidas que coñecín. Naceu no 1.898, creo recordar que no mes de Santos, na aldea de Sésamo, en Culleredo. No seu apelido, como xa teño comentado no post anterior, críamos apreciar orixes franceses, pero resulta que é máis galego do que parecía (aínda está por aclarar); o seu apelido, era o seu alcume, chamábano Catrufo. Como a maioría dos galegos do seu tempo marchou para á emigración, pero a un destino non demasiado común, marchou ós U.S.A. co seu pai, meu tatarabó, que era cociñeiro nun barco. Estivo traballando nunha acería perto de New York, en Newark ou algo así, dábanselle ben os números e levaba as contas das coladas e dos ingredientes de cada unha. Facía viaxes de cando en cando a Galiza, retornou un par de veces, ata que co crack de 29 tornou definitivamente. Contaba co peito ben enchido que fora uns dos primeiros en ver New York dende o aire nun avión, supoño que turístico ou algo así, e que mercara un coche, e que o escarallara contra unha árbore, e que alí quedara. Moito me teño rido dos comentarios del, e de que a electricidade en USA ía por un solo cable. Alí viviu o que quixo, sen ter control de nada, contaba que ía ver os millores combates de boxeo (igual eran pelexas mal organizadas, ou igual eran os combates históricos de principio de siglo, non sei). Cando retornou traía a paga de unha semana, e con iso fixo unha casa en Présaras e comprou unhas terras (igual trouxo algo máis, pero a familia dicía que non); de todalas maneiras parece que de vez en cando mandaba algo. Á súa filla única, a miña abuela, trouxolle unhas moedas de plata de Dolar, coas que fixo unha pulseira, e que agora adornan de cando en vez a man da miña compañeira (foi un regalo da miña abuela).
Non lle tocou loitar no 36, pois según decía era vello de máis e tiña familia, cousa que non entendo porque tería 38 anos, pero bueno, millor. A posguerra e a maioría do resto da súa vida pasouna en Présaras, facendo algunha vez de concelleiro, pero non debeu de estar moito tempo nos cargos políticos, porque estaba ameazado polos falangistas (dicen que algunha vez lle perdía a boca).
Os últimos anos da súa vida, pasounos na Coruña, na casa dos meus abuelos e miña (eu vivín toda a vida cos meus abuelos maternos).
Foi un home que, cos seus defectos, que os tiña, doume moitos exemplos, especialmente de cordialidade e cariño, ademáis de facerme de cando en vez os deberes de inglés. A súa rutina alimenticia de comerse diariamente máis de 2 Kg de laranxas demostrou que xunto, cunha vida sen demasiados apuros nin estrés, o pan do Ferrecho de Présaras, e a súa abstinencia absoluta do alcol, foron o seu elixir de longa vida.
As Orixes
14 de febreiro de 2008É Curioso todo o que se pode aprender das orixes de un mesmo remexendo un pouco nos devanceiros a través dos apelidos. No meu caso teño constancia ata varios tatarabós, incluido unha foto dalgunha. Sei que por parte de nai o 25% do meu sangue é “pura castellana” da Terra de Campos máis concretamente de Villalón de Campos, e que no outro 25%, ata fai ben pouco, esta mesma tarde, pensaba que tiña un lonxano devanceiro francés que loitou na Batalla de Elviña e que desertara, o seu apelido era Catrufo; mais resulta que agora non está tan claro esta orixe, e pode ser que sexa moito máis galego do que parecía; está ainda por ver, a repetición dos apelidos franceses na aldea do meu bisabó e unha constante (Deschampes p.ex.) e a súa participación na Batalla de Elviña está históricamente documentada. Pola parte do meu pai son 100% galego, estou seguro de que no caso de poderse facer un estudio xenético dese 50% do meu ADN atoparíase cunha correlación case perfecta co de calquera castrexo habitante do castro da Amoexa ou de algún castro dos arredores. Na Galicia do interior a endogamia tratábase de evitar, pero co tan poucos movementos da poboación, non creo que houbera demasiada mezcla (espero que esto non se interprete como un alegato neofeixista de pureza racial, non o é en absoluto, nen tampouco como unha auto-afirmación de que son parvo do cú porque a meu ADN ten unha variedade pobrísima, tampouco é o caso).
Bueno resumindo que son unha mezcla de segador da terra de campos, gabacho resentido e galego semi-castrexo, e non creo que sexa o único, mais ben será unha tónica xeral para que despóis, fai xa algún tempo e noutros lares, nos viñeran contando milongas co RH-; sí o sí, máis ou menos coma o meu.